CRTVG

Buscar

Filipe VI reúnese na Zarzuela con Sánchez e co comité de xestión do COVID-19

Publicado o 18/03/2020 19:14
Filipe VI reúnese na Zarzuela con Sánchez e co comité de xestión do COVID-19

O Rei presidiu esta tarde na Zarzuela unha xuntanza co presidente do Goberno e o comité técnico de seguimento do coronavirus, para analizar a evolución da pandemia en España. Unha reunión presencial, pero respectando as distancias e as normas sanitarias para evitar posibles contaxios. Ao remate desta xuntanza, don Filipe dirixirase á nación, ás nove da noite.