CRTVG

Buscar

Filipe VI reúnese con Raúl Castro antes de finalizar a visita a Cuba

Publicado o 15/11/2019 16:10

Os Reis de España remataron a súa viaxe oficial a Cuba cun encontro entre Filipe VI e Raúl Castro, que non estaba na axenda inicial. O ministro de Exteriores, Josep Borrell, acompañou o monarca no que os medios oficiais cubanos cualificaron como visita de cortesía.

A breve reunión na Habana de Filipe VI co líder do Partido Comunista de Cuba, garante do réxime establecido hai seis décadas polo seu irmán Fidel, produciuse poucas horas despois de que o Rei de España demandase ante o actual presidente cubano, Miguel Díaz-Canel, avances no país cara á unha democracia que respecte as liberdades e os dereitos humanos da súa poboación.

O ministro de Exteriores en funcións, que acompañou a don Filipe, explicou que foron as autoridades da illa as que á última hora solicitaron o encontro, de carácter privado. Os Reis viaxaron a continuación ata Santiago de Cuba, onde tomaron parte nunha homenaxe aos soldados españois mortos en 1898 na Guerra de Independencia, coa que puxeron o punto final á súa viaxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019