CRTVG

Buscar

Filipe VI recibe a deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz

Publicado o 16/09/2019 18:11

Filipe VI recibiu este luns a deputada de Galicia en Común, Yolanda Díaz, para coñecer a súa posición ante o bloqueo político que pode levar á convocatoria de eleccións o próximo 10 de novembro. O Rei recibiu a Díaz ás 17:15 horas no Salón de Audiencias do Palacio da Zarzuela, onde ambos se saudaron para pasar a continuación ao despacho do monarca.

A parlamentaria de Galicia en Común é a segunda dos cinco representantes de Podemos e as súas confluencias que participan nas consultas do Rei, xa que o xefe do Estado recibe dirixentes de cada un dos partidos que integraron unha coalición nas pasadas eleccións xerais e conseguiu escanos no Congreso.

A posición que traslada Yolanda Díaz ao Rei é que Pedro Sánchez debe aceptar un Goberno de coalición con Unidas Podemos. Nese sentido, reprochou o pasado venres a Sánchez a súa negativa para negociar co líder de Podemos, Pablo Iglesias, a súa última oferta de acordo e considerou que iso demostra que o presidente en funcións leva meses en campaña e pretende, de forma "irresponsable", forzar unha repetición electoral.

 

Noticias web

16/09/2019