CRTVG

Buscar

Filipe VI ofrece unha "homenaxe permanente" ás vítimas do coronavirus

Publicado o 16/04/2020 23:39


O rei homenaxeou este xoves os miles de falecidos por mor da pandemia de coronavirus, que subliñou que tanto deron por ver a España progresar e vivir mellor e non puideron ser despedidos como os seus familiares quixeran. "Perdemos tantos e tan rápido, tantos que tanto deron por ver o noso país prosperar e vivir mellor e que agora sufriron ou sofren o ensañamento desta enfermidade. Merecen, sen dúbida, unha homenaxe permanente que eu, desde aquí, expreso con profunda emoción", manifestou Felipe VI no Ministerio do Interior.

Ata alí se trasladou para presidir xunto ao titular deste departamento, Fernando Grande-Marlaska, unha reunión por videoconferencia cos integrantes do Centro de Coordinación Operativo das forzas e corpos de seguridade (CECOR-COVID-19), entre eles o conselleiro de Interior da Generalitat de Cataluña, Miquel Buch. É ese o principal órgano de coordinación entre corpos policiais no marco do estado de alarma, e ten como obxectivo garantir a unidade de acción entre os distintos corpos na aplicación das medidas adoptadas polo estado de alarma. 

Noticias web

16/04/2020