O rei Filipe VI apela á convivencia no quinto aniversario do seu reinado
No quinto aniversario da súa proclamación como rei, Filipe VI condecorou 41 representantes da sociedade civil. O monarca destacou que son eles os que constrúen España cada día co seu esforzo e sacrificio. Avelina Amado, de Neda, profesora de FP, nai dun mozo autista e membro de ASPANAES foi unha das condecoradas.
Tamén José Antonio Castro, Joselito, de Portonovo, mariñeiro desde os 10 anos e armador de pesca artesanal. Canda eles persoas anónimas de todas as comunidades de entre 19 e 107 anos, como Clotilde, coa que tiveron este xesto a princesa Leonor e a infanta Sofía.
Fai cinco anos, na súa proclamación como rei, Filipe VI comprometíase a velar pola dignidade da coroa e preservar o seu prestixio.
No ámbito familiar tivo que afrontar o procesamento e posterior absolución da infanta Cristina polo caso Nóos, Filipe VI despoxouna do ducado de Palma e prohibiu que ningún membro da Casa Real puidera traballar máis en empresas privadas.
No político, estes cinco anos coincidiron cun período de inestabilidade política coa convocatoria de tres eleccións xerais. Pero a maior presión para a Coroa chegou co desafío independentista de Cataluña.
O cambio xeracional á fronte da coroa de España quedou marcado nas últimas semanas coa retirada definitiva do rei Xoán Carlos e a incorporación da princesa Leonor á actividade institucional.
O 2 de xuño de 2019 o rei Xoán Carlos decide poñer punto e final a súa actividade institucional
Durante a celebración dos 40 anos da Constitución defende a vixencia dos seus ideais
Destacan as visitas dos reis á Casa Branca. Con Barack Obama e a súa esposa no 2015 e con Donald Trump e a súa muller no 2018
A Infanta Cristina, no banco dos acusados polo caso Nóos
Foi testemuña da polémica entre as raíñas na catedral de Palma
No seu 50 aniversario imponlle á princesa Leonor o Toisón de Ouro
Dous días despois do referendo celebrado en Cataluña, protagonizou o único discurso con carácter excepcional dirixido á nación desde a súa chegada ao trono
Asiste á manifestación polos atentados en Barcelona e Cambrils
Pecha a quinta das roldas de consultas para a investidura dun presidente do Goberno
Filipe VI é proclamado rei nun acto solemne no Congreso