CRTVG

Buscar

Figuras do románico da Ribeira Sacra para dar consellos contra o coronavirus

Publicado o 18/12/2020 20:17

Neste mosteiro de Ferreira de Pantón está unha das figuras románicas que conforman unha novidosa campaña que mistura a promoción do románico da Ribeira Sacra coa concienciación contra o coronavirus. Neste caso, a mensaxe que acompaña a figura é que hai que gardar distancias de seguridade. Outro exemplo, este canzorro de Sobrado de Trives, do século XII, para concienciar do uso das máscaras. Trátase dunha iniciativa promovida pola asociación O Sorriso de Daniel e o consorcio turístico da Ribeira Sacra.

A campaña conta con oito imaxes doutros tantos espazos patrimoniais da Ribeira Sacra luguesa e ourensá, que poderemos coñecer a través das redes sociais. Trátase dunha iniciativa que quere misturar a concienciación coa promoción da candidatuira da Ribeira Sacra para convertirse en monumento Patrimonio da Humanidade.

Noticias web

18/12/2020