CRTVG

Buscar

Fiables, baratos e máis rápidos: así son os tests de antíxenos que veñen a Galicia

Publicado o 29/09/2020 15:15

A partir da semana que vén, o Sergas contará con 50.000 unidades dos denominados tests de antíxenos. É unha nova proba para diagnosticar a covid-19, que é case igual de fiable que a PCR, pero que ofrece os resultados moito máis rápido.

En cuestión dun cuarto de hora, e cunha fiabilidade superior ao 93%, estes novos tests de antíxenos ofrecen a posibilidade dun diagnóstico rápido e barato.

Galicia adquiriu 50.000, fronte aos 2 millóns de Murcia ou aos 5 millóns que mercou Madrid, onde os van usar para facer cribados entre a poboación. Aquí, a nosa situación epidemiolóxica, cun nivel de incidencia moito menor, parece que non se aconsella empregar este tipo de test para facer cribados.

Si serán moi útiles para usalos en atención primaria e en urxencias, especialmente en pacientes sospeitosos ou con síntomas compatibles.

Noticias web

29/09/2020