CRTVG

Buscar

Festas de san Pedro, as primeiras patronais que se celebran en Galicia

Publicado o 28/06/2020 20:55

As acrobacias e os malabares da compañía Circo Chosco roubaron ducias de sorrisos baixo as máscaras dos nenos. Os cativos foron os grandes protagonistas do segundo día das festas de san Pedro. Este ano son distintas, pero Miño víveas con ganas e moita ilusión.

A música móvese por todo Miño. Viaxa de rúa en rúa para evitar que a xente se concentre nun único lugar. As festas adáptanse á nova realidade e ás novas normas. Este ano son unha homenaxe aos veciños e osíxeno para o comercio, a hostalería e a cultura.

O porto volveu ser o escenario do concurso tradicional da cucaña. Mañá será o día grande das festas patronais de Miño, as primeiras que se celebran en Galicia tras a irrupción do coronavirus.

Noticias web

28/06/2020