CRTVG

Buscar

Festas de fin de ano para menores: as salas farán un rigoroso control da seguridade

Publicado o 12/12/2019 23:39

Cada vez son máis as salas que se apuntan a celebrar festas de fin de ano para adolescentes. Pero ao tratarse de menores teñen que cumprir cuns requisitos, unhas medidas de seguridade e uns horarios especiais.

Nunha sala coruñesa realizan xa os preparativos para a festa de fin de ano, que, por primeira vez celebrarán para menores, iso si, a idade mínima permitida para entrar será de 16 anos. O encargado da seguridade revisaba que todas as saídas de emerxencia estivesen en orde. Os seus reponsables din que os controis van ser exhaustivos xa desde os accesos ao local. Esixirase o DNI orixinal e, por suposto, din, non haberá alcol nin permitirán fumar nin tan sequera na porta.

No caso da festa de fin de ano para menores tamén se vai cambiar, entre outras cousas, a decoración do local. O horario de entrada e saída tamén vai ser rigoroso. Trátase, segundo os responsables da sala, de que os rapaces se divirtan esa noite e de que os pais estean tranquilos.

 

 

Noticias web

12/12/2019