CRTVG

Buscar

Festa en Madrid para recibir por todo o alto os campións do mundo de baloncesto

Publicado o 17/09/2019 09:50

Os campións do mundo de baloncesto foron recibidos cunha festa por todo o alto en Madrid. Houbo recepción na Moncloa, tamén na Zarzuela e despois de percorrer as rúas de Madrid, os integrantes da selección española de baloncesto celebraron o campionato do mundo ante os milleiros de afeccionados que se achegaron ata a Praza de Colón. A festa rematou co mítico We are de Champions. O próximo obxectivo deste equipo estará nos xogos olímpicos do próximo ano en Toquio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019