CRTVG

Buscar

Ferrol prolonga as festas honrando o seu patrón

Publicado o 07/01/2020 21:20

Ferrol prolonga un día máis as festas do inicio do ano coa celebración do seu patrón, san Xiao. O Teatro Jofre acolleu a entrega da distinción de Ferrolán do Ano ao Rácing de Ferrol, e esta tarde a festa rematou coa degustación popular do tradicional arroz con leite.

Unha longa ringleira agardaba para cumprir un ano máis coa tradición: a degustación popular de arroz con leite, a sobremesa típica do día do patrón de Ferrol, san Xiao. Pouco se sabe de onde vén este costume, do que se descoñece a súa orixe certa.

Na carpa instalada no Cantón de Molíns, o Concello de Ferrol ofreceu este ano unhas 2.600 racións, que aquí se serven frías e co arroz no seu punto.

O costume é comer o arroz con leite compartindo ese momento en familia, con amigos ou veciños.

Cumprida a tradición, ponse fin a unha xornada de festa en Ferrol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020