CRTVG

Buscar

Ferrol celebra co Racing o ascenso

Publicado o 04/06/2019 21:53

Hai apenas unha hora tivo lugar en Ferrol a recepción oficial ao Racing dende esta semana equipo da segunda B. O acto tivo lugar no teatro Jofre. Representantes en funcións da corporación municipal recibiron os integrantes do club ferrolán no interior do edificio. A continuación, o equipo saíu saudar dende o balcón os afeccionados que alí se congregaron.

Aínda moi emocionados polo conseguido esta fin de semana, os xogadores quixeron transmitirlles aos seareiros o seu agradecemento polo apoio recibido ao longo da temporada. Con todos eles celebraron de novo o ascenso.





 

Noticias web

04/06/2019