CRTVG

Buscar

Fernando Vidal presenta a súa candidatura e recibe duras críticas de Loira

Publicado o 21/05/2019 21:00

Fernando Vidal volve á escena co obxectivo devolver o Deportivo a Primeira canto antes: "Non ascender esta temporada ou a que vén xéranos un pequeno problema ou un problema grave, porque o noso nivel de ingreso baixa moitísimo, moitísimo. Pasamos a sermos un máis na liga, hai que facer as cousas moi ben para ascendermos pero tamén se pode facer, non imos perder a ilusión de facelo. O noso grande obxectivo é ascender a primeira división", sinala o candidato á presidencia do Deportivo.

Máis a medio prazo anuncia unha aposta forte pola canteira: "O Dépor ten que se nutrir nun 50 por cento nos vindeiros 7 ou 8 anos con xogadores que sexan galegos, todos da provincia da Coruña e que estivesen na nosa canteira. Penso que é fundamental porque nós non podemos ir ao mercado a mercar xogadores potentes", lembra Vidal.

Vidal e o seu equipo chegan a unha semana da cita electoral. Outro candidato, Martínez Loira, non aforrou críticas cara a el: "O que non se pode andar coma candidato e como candidatura é agora preséntome, agora non me presento, agora se vén alguén que faga ilusión eu tal, eu veño de salvador da patria...".

Loira lembrou o pasado de Vidal no club: "Debería recoñecer o erro inmenso que supuxo a súa política deportiva nos catro anos que estivo. O equipo que descende está configurado con Fernando Vidal como conselleiro e responsable máximo da área deportiva. Entón eu creo que o tempo de Fernando Vidal na área deportiva xa pasou e que o deportivismo saberá recoñecelo e os accionistas", asegura Martínez Loira.

Cando faltan sete días para a gran cita, a campaña vai subindo o ton.


 






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019