CRTVG

Buscar

Fernando Vázquez: "Tiñamos que gañar doce partidos. Quedan once"

Publicado o 06/01/2020 17:29

Fernando Vázquez é o Arsenio do Deportivo do século XXI. E como faría o mestre do sentidiño adaptouse ao que ten. De aí un só pero incordiante punta, Mollejo, clave o deixar o Numancia con 10. De aí os tres centrais atrás, para gañar solidez, un sistema que non será o único.

O fútbol sempre che asegura unha xogada de gol por partido. E máis se tes o golpeo de Aketxe, torres para baixar un balón e un central con olfacto, Somma neste caso. E mira que sendo tres puntos vitais, non é o máis importante agora para o equipo coruñés.

Pois, superada con nota a proba do nove que é o Numancia, chegará o Rácing de Santander a Riazor, aquel da salvación a Segunda B, e despois vén o Cádiz.

 

Noticias web

06/01/2020