CRTVG

Buscar

Fernando Vázquez, no 'En xogo': "O cambio do equipo explícase pola estratexia e a táctica e non pola psicoloxía"

Publicado o 17/02/2020 15:17

• Está tamén convencido da salvación do Celta

Foi o capitán elixido para reflotar un barco á deriva. E en só sete xornadas xa o endereitou. Con seis vitorias e un empate, o Deportivo pon rumbo á fase de ascenso: "Eu sei os partidos que teño que gañar, e niso estou centrado. Se gañamos eses partidos, que son seis, despois, evidentemente, iremos para arriba como un foguete. En caso hipotético de que cheguemos, creo que seriamos un gran candidato de ascenso".

Un xiro de temón que non agocha segredos: "O cambio no Deportivo explícase todo estratexicamente ou tacticamente. E despois podemos porlle unhas guindiñas de comunicación, psicoloxía, o que queiras. Pero sen o primeiro, o segundo non existe. Non se gaña ningún partido falando".

Do que si terá que falar é de como suplir o mancado Somma. Rompeu o menisco e será operado: "A solución máis normal será Peru ou Bergantiños, pero tamén digo que estamos mirando o mercado".

Navega o Deportivo con vento favorable igual que o Celta nas últimas xornadas: "Non teño ningunha dúbida de que o Celta non vai descender. O peso do equipo paréceme suficiente para, co paso dos partidos, ir saíndo para arriba".

Noticias web

17/02/2020