CRTVG

Buscar

Fernando Vázquez lidera a manifestación do Dépor

Publicado o 31/07/2020 22:23

Ás 8 da tarde saíu do Estadio de Riazor a manifestación para protestar polos dereitos do Deportivo. E á fronte desa manifestación estivo Fernando Vázquez. O adestrador liderou a gran caravana de coches que ao son das bucinas e da xa inesquecible frase "É de xustiza" foi saíndo aos poucos do aparcadoiro de Riazor polas rúas da cidade. Non faltaron bandeiras, bufandas nin tampouco formigoneiras. O deportivismo mobilízase para reivindicar os seus dereitos no que considera que foi un atropelo das institucións deportivas que adulteraron a competición tras o Caso Fuenlabrada. Hai uns minutos a manifestación chegou ás portas da sede da Federación, onde agardaba o presidente Rafael Louzán. Desde alí leuse un manifesto en defensa do Deportivo.

Noticias web

31/07/2020