Fernando Vázquez inicia en Soria a carreira cara á salvación
O técnico fixa o obxectivo de sumar 36 puntos na segunda volta
Despediuse correndo co gol que devolvía ao Deportivo á Primeira División.
E volve correndo tentando salvar aos coruñeses do descenso á Segunda B.
A Fernando Vázquez cádranlle as contas.
Fernando Vázquez. Adestrador do R.C.Deportivo. "Imos empezar unha Liga nova, de cero, e a ver se conseguimos 36 puntos. Ímolo mirar como se o partido do Numancia fose o primeiro partido da temporada, unha final, vinteunha finais, plantexadas de forma diferente, de forma individual, sabes, imos chavales."
Para elo, o técnico indicalle aos xogadores cal é o camiño a seguir.
Fernando Vázquez. Adestrador do R.C. Deportivo. "No aspecto defensivo, que sexa un boxeador ao que non lle poden tocar o nariz e o meu equipo teña a capacidade de aguantar, aguantar...recuperamos a pelota e..."
Camiño Soria, o Deportivo de Vázquez inicia a súa carreira cara a salvación.