CRTVG

Buscar

Fernando Vázquez, indignado co árbitro, di que deberon anular o gol do Málaga

Publicado o 09/07/2020 12:57

Fernando Vázquez indicou na rolda de prensa posterior, que "estou na bancada e non a aprecio", pero "dino os meus futbolistas e dio todo o mundo" que houbo "unha man previa ao gol do Málaga". "Primeiro quero dicir que fixemos un mal partido e non merecemos gañar este partido", admitiu o tecnico galego, aínda que no gol do Málaga "falei con Alex (Bergantiños) e dime que a man foi moi clara", polo que "entón unha man previa en gol, voluntaria ou involuntaria, ese gol debe ser anulado", resaltou.

Engadiu que "recoñecendo o mal partido que fixemos", para "min é incrible e alucinante que un árbitro que é consciente de que houbo unha man e que o regulamento lle di que o gol ten que ser anulado", pero "a pregunta é se tes algunha dúbida, por que non o vas a mirar ao VAR?".

 

 

Noticias web

09/07/2020