CRTVG

Buscar

Fernando Huelin, médico do CGTD: "Aquí non hai contactos. No fútbol si, xa veremos se teñen repuntas".

Publicado o 13/05/2020 16:31

• Hai cen solicitudes para adestrar no Centro de Tecnificación de Pontevedra

Os deportistas de elite galegos seguen coa súa desescalada dando un paso máis cara normalidade coa reapertura do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde non se da tregua ao virus.

"Aquí sen contactos. No fútbol si, xa veremos" di Fernando Huelin, médico do CGTD.

Os deportistas pasan controis médicos e, sobre todo, reciben información precisa da sintomatoloxía da COVID-19 máis aló da febre.

"Esta enfermidade é algo máis ca tose e febre", comenta o médico.

O atraso de Madrid e Cataluña na mellora da situación sanitaria está deixando a moitos deportistas de elite galegos sen poder adestrar en alto rendemento. Unha presada deles miran agora a Pontevedra como recurso.

O CGTD ten unha das poucas piscinas abertas en todo o territorio español polo que está instalación, cando ás de piragüismo e as de triatlón, está sendo a máis demandada polo deportistas.

Noticias web

13/05/2020