CRTVG

Buscar

Fernando Currás, adestrador do UD Ourense: "A xente está vivindo un soño"

Publicado o 31/01/2019 21:48

Este sábado hai derbi no Couto. O derbi ourensán da Terceira División, que poderán seguir a través da nosa segunda canle dende as seis e media da tarde. A Unión Deportiva, terceira na clasificación, busca o seu quinto ascenso consecutivo. Outro milagre deportivo na cidade das Burgas. ​

Fernando Currás, adestrador do UD Ourense: "O posto en que estamos é algo que non nos propoñiamos ao principio de tempada. Hai moito sentimento xa desde o nacemento deste club e, agora que estamos nesta situación, a xente está vivindo un soño e faicho sentir no día a día".

Noticias web

31/01/2019