CRTVG

Buscar

Fernández Leiceaga: "Temos que facer todo o posible para que ENCE siga en Galicia"

Publicado o 03/04/2019 11:00

Marcos Sueiro conversa con Xoaquín Fernández Leiceaga sobre actualidade política, cando falta unha semana do inicio da campaña electoral

Destino dos cartos do superávit da Xunta
"Celebro que o presidente da Xunta rectifique, en dous sentidos: primeiro coa política de austeridade que veu defendendo todos estos anos e que en vez de reducir o endebedamento, como viña decindo, agora poida dedicarse a outras cousas; e celebro tamén que coincida co noso partido en que é necesario que existan máis recursos para a sanidade en Galicia, cousa que viña negando reiteradamente ata agora. Eu creo que estas dúas cousas son benvidas. (...) Pero para iso é necesario rectificar a lexislación. Neste momento o que prevalece son os orzamentos prorrogados do 2018, que é un orzamento que impulsou Rajoy, que Feijóo non contestou".

Capacidade do Goberno central para modificar o destino do superávit
"Dentro das normas legais. O Goberno acaba de publicar un decreto para permitir utilizar o superávit en investimentos financeiramente sostibles, que é o que está na lei. Se queremos outra cousa hai que cambiar a lei, pero o que lle está decindo o PP a Sánchez é que goberne o menos posible. Eu creo que ten que aclararse".

"Nós estamos de acordo en que é necesario reforzar o financiamento da sanidade e das políticas sociais en Galicia e se non é posible facelo dunha forma, Feijóo ten a capacidade e vai ter o apoio da oposición para modificar o seu orzamento e facelo con recursos propios".

"Creo que o hai que explicar é por que un marco legal que vén do ano 2012, lei Montoro-Rajoy de estabilidade presupostaria e unha norma do ano 2018 de Rajoy, resulta que é urxente cambiala. Iso é o que ten que explicar o señor Fejóo. Nós fomos desde o principio partidarios dunha utilización flexible do superávit, imos levar unha iniciativa ao próximo pleno para isto, pero é necesario respectar a normativa que existe en cada momento, e esta é a que hai".

Datos do paro: aumenta a creación de emprego en Galicia

"Galicia non é allea ao que sucede en España nin no cunxunto do mundo. O Fondo Monetario Internacional está alertando da posibilidade dunha desaceleración económica en todo o mundo. (...) Neste contexto creo que é unha boa noticia ver que o ritmo de crecemento de España e de Galicia se mantén... tamén na creación de emprego, seguimos creando emprego a un ritmo moi similar, e como ocorre nos últimos anos, Galicia por debaixo de España; non deixa de ser un problema estrutural que afecta a economía e a sociedade de Galicia. Eu creo que política da Xunta de Galicia tiña que centrarse en exportar, non só a UE, senón aos países emerxentes".

"A subida do salario mínimo non afectou o ritmo de crecemento do emprego"

"Despois das eleccións, eu espero que os partidos intenten aplicar os seus programas".

"Alcoa é un clásico nas campañas electorais desde ono 2012, agora tamén"
"A novidade está en que por primeira vez un goberno impulsa un estuto de empresas electrointensivas e un subminoistro electrico a bon prezo a estas empresas. Creo que todos temos que facer un esforzo para que sigan en Galicia."


"Nós tamén consideramos que ENCE é unha empresa imprtante no tecido industrial de Galicia."
ENCE está sometida a un procedemento xudicial instado por distintos actores institucionais, o concello de Pontevedra, e outros sociais e este procedemento xudicial vai seguir a empresa vai defender os seus intereses e ao final haberá un resultado en relación as condicións e prazos da concesión no dominio marítimo terrestre. Ten segundo 75 anos de concesión segundo a lei da época na que Arias Cañete era ministro de esta área. Fagamos todo o posible para atender con respeto a decisión xudicial e en segudo lugar, nós tamén consideramos que ENCE é unha empresa imprtante no tecido industrial de Galicia. Non só polos seus efectos na comarca de Pontevedra, senon tamén porque é un dos grandes compradores dos productos do monte de Galicia que afectan a moitos miles de propietarios de monte en Galicia. Temos que facer entre todos o posible para que siga en Galicia e a se posible no entorno da ría de Pontevedra; onde? Haberá que estudalo."

Nós queremos que continúe no entorno da comarca de Pontevedra a ser posible e que continúa sen dúbida en Galicia 

"Non hai moito tempo o presidente da Xunta e o seu grupo votaron a favor de crear unha mesa de traballo coa empresa onde poideramos entre todos buscar a ubicación máis razonable"(...) Nós queremos que continúe no entorno da comarca de Pontevedra a ser posible e que continúa sen dúbida en Galicia e temos que facer un esforzo entre todos para que poida se así."

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019