CRTVG

Buscar

Feridos leves catro pasaxeiros ao descarrilar o tren Valladolid-Madrid

Publicado o 18/09/2020 08:23

En Madrid, descarrilou un tren procedente de Valladolid. Foi pasadas as oito da noite debido a un corremento de terra provocado pola chuvia, segundo Emerxencias da Comunidade de Madrid. Catro dos 25 pasaxeiros sufriron contusións e a dous trasladáronos ao hospital do Escorial. O resto seguiron viaxe a Madrid noutro tren.

Noticias web

18/09/2020