CRTVG

Buscar

Ferida unha muller en Vigo ao ceder o chan da súa vivenda

Publicado o 03/06/2020 21:15

Unha muller resultou ferida esta tarde en Vigo ao afundirse o chan do piso onde vivía. O solo de madeira cedeu e a muller caeu ata o primeiro andar. Axiña acudiron os servizos de emerxencias que rescataron a vítima. O suceso ocorreu arredor das cinco da tarde no camiño Figueirido, no barrio de Coia. O persoal sanitario trasladou a muller ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Noticias web

03/06/2020