CRTVG

Buscar

Un condutor cae co coche ao río Lagares en Vigo e só sofre feridas leves

Publicado o 20/08/2020 14:47

Unha persoa quedou ferida esta madrugada nun espectacular accidente de tráfico en Vigo. O condutor do vehículo dirixíase cara a Samil, cando por causas que se descoñecen perdeu o control do coche á altura da parroquia de San Andrés de Comesaña. Posteriormente, foi bater contra o muro da ponte pola que circulaba e como consecuencia do impacto caeu ao río Lagares. Un viandante que presenciou o accidente axudou o home a saír do coche. Afortunadamente, só sufriu feridas leves.

O mozo, que case triplicaba a taxa de alcol, precipitouse despois de romper o muro da ponte pola que circulaba. Sorprendentemente saíu practicamente ileso.

Noticias web

20/08/2020