CRTVG

Buscar

Ferido no Carballiño un rapaz tras caer polo burato dun ascensor en construción

Publicado o 17/03/2019 21:46
Ferido no Carballiño un rapaz tras caer polo burato dun ascensor en construción

Un gran susto foi o que levou tanto o menor coma as persoas que deron a voz de alerta cando o rapaz, de 14 anos, caeu polo burato dun ascensor en construción nunha zona próxima á estación de tren do Carballiño.Os amigos que estaban con el foron os que avisaron os servizos de urxencias. O acceso para o seu rescate foi difícl pero finalmente conseguiron sacalo.

O mozo foi rescatado e trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario de Ourense. Ía consciente pero recibiu un forte golpe na cabeza e segundo informou a Policía Local do Carballiño perdera moita sangue.

O neno estaba a xogar cuns amigos nun edificio en obras abandonado ao carón da estación de tren da vila do Arenteiro, cando caeu polo oco do ascensor dende o segundo andar. Foi contra as seis da tarde cando os servizos de emerxencias recibiron a alerta e mobilizáronse en seguida.

No seu rescate participaron os Bombeiros e a Protección Civil do Carballiño. Tardaron unha hora e media en poder quitalo, porque o espazo do buraco do ascensor era moi pequeno e tiveron dificultades para acceder. Ata o lugar tamén se trasladou o equipo médico do PAC do Carballiño e o helicóptero medicalizado. Os médicos estiveron en todo momento asistindo o rapaz.   

Noticias web

17/03/2019