Ferido leve un condutor ao que lle envorcou o coche en Santiago
Publicado o 09/01/2020 20:26
O condutor deste vehículo quedou ferido leve despois de que o seu coche envorcara na estrada SC20 en Santiago. O accidente produciuse esta mesma tarde.
Ao parecer, o vehículo sinistrado circulaba a unha velocidade excesiva, acabou rozando outro vehículo que circulaba polo carril dereito e acabou envorcando. O carril estivo cortado durante o tempo que tardaron en retiralo da estrada.
Máis sobre Santiago de Compostela
28/02/2021 21:18
26/02/2021 20:00
24/02/2021 13:43