CRTVG

Buscar

Ferido grave un motorista tras bater cun turismo en Nigrán

Publicado o 10/06/2020 18:42

O accidente rexistrouse a primeiras horas da tarde en Nigrán, ao bater un coche e unha moto deixou un ferido grave. O ferido é o motorista, un mozo de Parada. Ao condutor do coche non lle pasou nada.

Segundo parece, a moto circulaba en sentido Nigrán-Baiona e o coche, en dirección oposta. Ao chegar ao cruzamento, o turismo xirou á esquerda. Ao motorista non lle deu tempo a frear e colidiron. Unha UVI móvil trasladouno ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Noticias web

10/06/2020