CRTVG

Buscar

Ferida unha parella tras caer co seu coche por un desnivel de 20 metros no Parador de Baiona

Publicado o 22/01/2020 20:15
Ferida unha parella tras caer co seu coche por un desnivel de 20 metros no Parador de Baiona

Un home e unha muller acabaron no hospital tras caer este mércores o coche en que circulaban por un desnivel duns 20 metros no hotel Parador de Baiona do devandito municipio pontevedrés.

Segundo o servizo de Emerxencias, o coche coas dúas persoas a bordo precipitouse desde o alto da muralla do establecemento e caeu preto do paseo xunto ao mar que rodea o recinto.

O servizo de Emerxencias recibiu a alerta da caída do vehículo cara ás 15:50 horas e os equipos de rescate trasladaron de urxencia a ambos os ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.