CRTVG

Buscar

Felipe González lamenta o proceso de destrución institucional en Venezuela

Publicado o 07/03/2020 11:42

O ex-presidente do Goberno español Felipe González participa en Colombia nun seminario no que falou sobre a democracia e os seus retos en Iberoamérica. O dirixente socialista lamentou a grave situación política e económica que vive Venezuela e dixo que "nunca coñecín no mundo, nun período tan curto de tempo, un proceso de destrución máis completa das institucións, das liberdades, do sistema produtivo, da economía, da saúde, da alimentación, como o que se produciu en Venezuela".
 

Noticias web

07/03/2020