CRTVG

Buscar

Feirantes e praceiros protestan polo traslado do mercado de Vilagarcía

Publicado o 07/07/2020 14:28

Con potas, asubíos e palmas. Así protestaron en Vilagarcía de Arousa os vendedores ambulantes e tamén os praceiros e moitos dos seus clientes. Tentan evitar a mudanza de parte dos postos ao parque da Xunqueira.

No calendario de mercados, o de Vilagarcía, 250 postos os martes e os sábados, está moi consolidado. Ambas as dúas asociacións de comerciantes defenden a permanencia unidos porque, aseguran, comparten os mesmos clientes.

Os praceiros convocan unha xornada de paro este mércores para volver manifestarlle ao Concello a súa oposición ao traslado do mercado.


 

Noticias web

07/07/2020