CRTVG

Buscar

Alberto Núñez Feijóo: "Se o Goberno quere nacionalizar Alcoa, que o faga xa"

Publicado o 02/07/2020 14:51

"Se o Goberno central quere nacionalizar Alcoa antes de que peche, estou de acordo. Se quere salvar Alcoa, eu teño outras porpostas". E esas propostas, explica Feijóo, son retirar o ERE e convocar a poxa de interrompibilidade.

Sen un prezo eléctrico, asegura o presidente, todo o mundo sabe que Alcoa non é viable e rexeita outras solucións.

"Falar agora de que en dous anos vai haber contratos bilaterais é unha promesa electoral e unha chantaxe inaceptable".

No que respecta ás competencias da Xunta, di Feijóo que hoxe aproban un plan que inclúe medidas para considerar Alcoa e todas as empresas hiperelectrointensivas, como Megasa ou Ferroatlántica, un sector esencial e estratéxico da economía galega.

Isto significa que os proxectos e investimentos que queiran facer terán prioridade e serán de execución inmediata.

Noticias web

02/07/2020