CRTVG

Buscar

Feijóo reúnese cos presidentes de Asturias e Castela León para impulsar o Corredor do Noroeste

Publicado o 27/01/2019 21:17

Alberto Núñez Feijoo reúnese este luns cos presidentes de Asturias e Castela e León para impulsar o corredor do Atlántico. No cumio que se vai celebrar en Santiago participarán tamén representantes do tecido empresarial e das forzas sindicais das tres comunidades autónomas. Xuntos buscan captar axudas para o ferrocarril.

Os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León reúnense na Cidade da Cultura para reivindicarar a conexión do noroeste penisular co Corredor Atlántico de Mercadorias que unirá Lisboa con Estrasburgo. Buscan unha estratexia común para atraer axudas europeas que permitan mellorar a comunicación ferroviaria e a capacidade loxística das tres comunidades. Dende a Xunta, consideran que a reunión chega nun momento "moi oportuno".

ALFONSO RUEDA , VICEPRESIDENTE DA XUNTA "Estase falando doutros investimentos que hai que facer noutras zonas de España, do corredor Mediterráneo, nós non estamos en contra dende logo, o que non poderíamos permitir en ningún caso é que se deixe de facer o que hai que facer aquí por atender outras zonas".

Xunto a Núñez Feijóo, Javier Fernández e Vicente Herrera sentarán tamén representantes do eido ecomónico e social. Alfonso Rueda destaca a importancia desta alianza entre mandatarios de distinta cor política.


Hai trinta mil millóns de euros de axudas comunitarias en xogo para financiar as redes ferroviarias de mercadorias transeuropeas.
Para optar a elas, deberán convencer a Bruxelas que investir na conexion do norte de España é unha prioridade.
 

Noticias web

27/01/2019