CRTVG

Buscar

A Xunta e os traballadores de Alu Ibérica reclaman ao Goberno unha auditoría "financeira e técnica"

Publicado o 14/07/2020 21:47

Despois de tres horas de reunión Xunta e comité de empresa de Alu Ibérica acordaron remitirlle ao Goberno un escrito para pedirlle que investigue se se están cumprindo os compromisos que asumiron Alcoa e Parter no contrato de compravenda."Pedimos unha auditoría técnica e financeira da planta para ter toda a información e aclarar as distintas responsabilidades", explicou Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa.

As dúas partes coinciden tamén en reclamarlle ao Ministerio de Industria un prezo eléctrico competitivo para as empresas electrointensivas. A Xunta defende que cómpre levar esta demanda á mesa do diálogo social "para que haxa un acordo a nivel de España entre sindicatos e o Goberno para garantir as condicións de produción de aluminio primario, o que significa establecer un prezo competitivo, estable e predecible", segundo apuntou Francisco Conde, conselleiro de Economía, Industria e Empredo en funcións.

Solicitan tamén que se aprobe xa o estatuto para os consumidores electrointensivos.
 

Noticias web

14/07/2020