CRTVG

Buscar

Feijóo reivindica Galicia como un bo lugar para vivir nun artigo na prensa con motivo do Día de Galicia

Publicado o 25/07/2019 11:00

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, publica un artigo na prensa con motivo do Día de Galicia.

Feijóo reivindica que "somos un bo lugar para vivir. Contamos cunha estabilidade sen equivalentes en España, un valor á alza ante a confusión que hai tempo caracteriza a política nacional".

E engade que "grazas a esta estabilidade, dispoñemos dun Estado do Benestar máis completo e eficiente ca nunca".

No artigo, que ten como título 'Galicia, camiño e destino', Feijóo sinala que somos un "país claramente diferenciado, orgulloso de ser diferente pero que non expresa a diferenza con receo cara a ninguén. A singularidade galega non se sente ameazada, senón enriquecida polo contacto cos alleos".

presidente finaliza asegurando que "Hai algo que simboliza o ideal que unha gran maioría dos españois, europeos e cidadáns do mundo anhelan acadar: esa praza do Obradoiro na que desembocan visitantes e peregrinos que se senten parte dun mesmo sentimento. O diverso unido por unha mesma emoción". "Galicia é o mellor camiño; o mellor destino".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2019