CRTVG

Buscar

Feijóo reivindica en Miami que Galicia é un bo lugar para investir "pola súa estabilidade"

Publicado o 07/02/2019 08:41

Máis de mil empresas galegas exportaron o ano pasado os seus produtos aos Estados Unidos. O Goberno galego quere seguir impulsando esas exportacións, pero tamén atraer investimento estadounidense a Galicia. 

Feijóo defende a estabilidade para investir. O presidente da Xunta defendeu hoxe en Miami o potencial de industrias coma o da automoción, o naval, o audiovisual ou a aeronáutica. Asegurou que Galicia é un bo lugar para investir pola súa estabilidade institucional e económica.

Noticias web

07/02/2019