CRTVG

Buscar

Feijóo reivindica as políticas sociais da Xunta durante o seu mandato

Publicado o 10/03/2020 15:12

O Partido Popular suspendeu a romaría do Pino desta fin de semana. Estaban previstas 4000 persoas.
Hoxe Alberto Núñez Feijóo afirma que nunca a Xunta dedicou tantos cartos a políticas sociais como agora. Díxoo nun encontro con entidades da Coruña para facer balance dos seus 11 anos de goberno. 

Antes dese acto na Coruña, Alberto Núñez Feijóo estivo en Lugo facendo balance dos once anos do seu goberno. Dixo que a Xunta "fixo o labor do Concello construíndo a cidade no barrio da Residencia, equipou o Hospital Lucus Augusti e converteu Lugo en referencia no desenvolvemento de avións non tripulados en Rozas. Coida que Lugo está hoxe mellor e ten mellores servizos ca en 2009".

Noticias web

10/03/2020