CRTVG

Buscar

Feijóo reivindica a estabilidade que dá o PP como valor político e económico

Publicado o 17/02/2019 14:51

O Partido Popular de Galicia di que ofrece estabilidade para os concellos galegos fronte á división e ás alianzas entre partidos de esquerdas. Nun encontro con empresarios de Ferrolterra, Alberto Núñez Feijóo dixo en Narón que o PPdeG ten o seu mellor aval na experiencia de Goberno, na Xunta e en moitas corporacións de Galicia.

Con ese aval, di Feijóo, o PP chega aos vindeiros comicios como a única alternativa capaz de garantir esa estabilidade.

Noticias web

17/02/2019