CRTVG

Buscar

Feijóo promete que o 2021 será o mellor Xacobeo da historia cun alcalde popular en Santiago

Publicado o 20/05/2019 15:05

Nun mitin nas aforas de Santiago, o candidato a alcalde, Agustín Hernández, dixo que teñen 27 compromisos para a capital e medidas para cada unha das 21 parroquias.

Alberto Núñez Feijóo reivindicou os investimentos que fixo a Xunta en Santiago, en comunicacións, sanidade ou para preparar o ano santo.

E acusa o PSOE e Compostela Aberta de ocultar que só poden gobernar se o fan xuntos.

A caravana do Partido Popular de Galicia fará campaña esta tarde en Ferrol e Vilalba. Pero esta mañá a caravana estivo tamén na Coruña. Aquí, Alberto Núñez Feijóo acompañou a candidata á alcaldía, Beatriz Mato.

Feijóo chamou a cidadanía a non dispersar o voto do centro-dereita. Insistiu en que é a única maneira de evitar que unha nova alianza entre socialistas e mareas se faga co goberno das cidades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019