CRTVG

Buscar

Feijóo presenta en Miami o potencial de Galicia en turismo e construción naval

Publicado o 07/02/2019 20:44

A construción de cruceiros está medrando a un ritmo do 50 por cento anual en todo o mundo e Galciia quere posicionarse nese mercado. O presidente da Xunta reuniuse en Miami cos directivos da compañía Rich Calton que está construíndo un barco en Barreras para analizar o estado dese pedido e analizar posibles encargas para o naval galego.

Antes, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Economía e os directivos dos portos galegos, visitaron a terminal de colectores e mantiveron unha xuntanza coas principais navieiras e principais operadores de mercadorías do porto de Miami para promover Galicia como escala para o transporte de pasaxeiros e colectores.

Noticias web

07/02/2019