Feijóo pídelles aos "desaprehensivos" que deixen de queimar os montes galegos
Publicado o 05/09/2019 19:31
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, clamou hoxe contra os "desaprehensivos que queren queimar os nosos bosques", en relación coa vaga de incendios rexistrada nas últimas horas.
Feijóo fixo estas declaracións nun acto de recepción dun programa humanitario de acollida de nenos saharauís e pediu aos supostos incendiarios que "cesen de facelo", dixo.
"O vento tamén nos está causando algúns problemas por culpa duns cidadáns desaprensivos que queren queimar os montes galegos", denunciou o presidente autonómico.
O titular do Executivo autonómico salientou que o seu gabinete activou o número de teléfono 085 ao que os cidadáns "poden chamar para axudar a detelos", concluíu.
Máis sobre Galicia
21/01/2021 21:37
21/01/2021 21:37