CRTVG

Buscar

Feijóo pídelle ao Goberno que favoreza o retorno de emigrantes desde Venezuela

Publicado o 05/04/2019 16:38

O presidente da Xunta destacou neste encontro, o primeiro que se celebra na cámara galega, o traballo realizado polas 14 entidades que integran a comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas que mañá reciben a medalla do Parlamento.

Feijóo destacou que prestixan o nome de Galicia nas 150 cidades nas que están presentes. Durante o seu discurso o presidente da Xunta incidiu nas dificultades que están a atravesar os 36.000 galegos que residen en Venezuela. Pensando en eles pediulle ao Goberno central que faga todo o posible para facilitar o seu retorno.

Feijóo incidiu en que é momento de pechar o círculo e que agora mesmo a oportunidade está en volver. Tamen aproveitou para pedirlles ás comunidades galegas no exterior que exerzan como embaixadores do Xacobeo 2021 por todo o mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/04/2019