CRTVG

Buscar

Feijóo pide unha gran mobilización para evitar a inestabilidade dun tripartito de esquerdas

Publicado o 04/07/2020 15:30

Alberto Núñez Feijóo pide o apoio dos militantes socialistas que non están de acordo con que se utilice o seu voto para facer alianzas co BNG e con Podemos. O candidato popular quere unha mobilización masiva para que haxa un Goberno unido e forte. A outra alternativa -di- é unha alianza de 10 partidos.

Pablo Casado sumouse esta mañá de novo á caravana do PP de Galicia. Percorreu, xunto con outros dirixentes, un treito do camiño portugués ao seu paso por Pontevedra.
Casado chama a encher as urnas de votos para que Galicia manteña un Goberno estable que lle permita tomar medidas contra a crise desde o primeiro día. Algo que -afirma- sería imposible se gaña un tripartito de socialistas, nacionalistas e Podemos.

Noticias web

04/07/2020