Feijóo, partidario de facer confinamentos municipais e de adiantar o toque de queda
Alberto Núñez Feijóo di que Galicia ten reservas de camas de UCI e en planta, pero que a progresión de infectados é moi preocupante.
Agora mesmo hai camas abondas. O Sergas ten camas de reserva nos hospitais, pero o que está a facer é adiar as intervención cirúrxicas non urxentes que requiren procesos posoperatorios de varios días nas Unidades de Coidados Intensivos.
Queren manter esas prazas libres nas UCI dende o Sergas, porque aseguran o incremento dos contaxios é exponencial. Por ese mesmo motivo, o presidente da Xunta de Galicia dixo que non vería mal que o goberno de España autorice as comunidades autónomas a medidas como levar o toque de queda ás seis da tarde, ou tamén que lles permita decretar o confinamento domiciliario das súas poboacións, non de xeito global, senón de xeito municipal.
Galicia mantense entre as comunidades con menor ocupación hospitalaria, afirma Feijóo, que explica que o Sergas está preparándose para o incremento de ingresos que se van producir.
O presidente da Xunta ve razoable que se permita adiantar o toque de queda antes do que fixa o decreto de estado de alarma.
E defende que tamén debería preverse a posibilidade de facer confinamentos parciais.