CRTVG

Buscar

Feijóo pide preferencia para o sector naval nos fondos europeos nun encontro de estaleiros

Publicado o 04/12/2020 17:53

Alberto Núñez Feijóo pide reservar un lugar preferente para o sector naval nos fondos europeos de recuperación.

Nun encontro organizado por Pymar en que participou a ministra de Industria, o presidente da Xunta demandoulle ao Goberno axudas para o naval como as de Alemaña ou os Países Baixos, para que os estaleiros galegos poidan competir en igualdade cos deses países.

Feijóo pediu carga de traballo para Navantia ata que empecen as fragatas e instou a SEPI a que apoie o plan de financiamento que solicitou Barreras.

Noticias web

04/12/2020