CRTVG

Buscar

Feijóo condiciona pedir novas competencias a melloras no investimento do Estado

Publicado o 14/02/2019 09:59

Os voceiros de En Marea e o PSdeG pedíronlle a Feijóo que non dese un paso atrás na petición de novas competencias para Galicia, para situarnos no nivel de Cataluña ou o País Vasco. O presidente da Xunta dixo que segue apostando polo autogoberno, pero non como desculpa para non falar dos orzamentos do Estado e de como tratan a Galicia.

Sanidade

A portavoz do BNG volveu falar da situación da sanidade pública polos recortes durante a crise. Mesmo volveu pedir a dimisión do conselleiro. O presidente da Xunta pediulle, sen éxito, que condenase as queimas de ambulancias do Sergas.

Venezuela

O Parlamento galego aprobou tamén unha iniciativa de apoio á Asamblea Nacional Venezolana e ao seu presidente. A proposta do grupo popular saiu adiante co voto favorable dos socialistas. 
Nela tamén se pide que se adopten as medidas necesarias para actuar ante a situación de emerxencia humanitaria que vive o país . O BNG e En Marea votaron en contra desta proposta ao considerar que se está apoiando un golpe de estado.

Noticias web

14/02/2019