CRTVG

Buscar

Feijóo pide máis claridade coas datas do AVE

Publicado o 21/01/2020 15:12

Segue o debate sobre os prazos do AVE galego. A ministra de Asuntos Exteriores publicou hoxe un chío co acordo de Bruxelas para financiar parte das obras e destaca que a liña entre Santiago e Madrid estará lista en xaneiro de 2022, un ano máis tarde do acordado.

O ADIF explicou a semana pasada que deron esa data por prudencia, para evitar perder as axudas en caso de imprevistos.

O presidente da Xunta pídelle ao ministro de Transportes que aclare o calendario da alta velocidade a Galicia, tal e como lle reclamou por carta a semana pasada. Feijóo di que José Luis Ábalos e Arancha González Laya deberían comunicarse máis entre eles.

Noticias web

21/01/2020