CRTVG

Buscar

Feijóo pídelle ao Goberno consensuar coas comunidades un novo financiamento sanitario

Publicado o 08/05/2019 18:37

Ningún servizo público, di o presidente, ten o nivel de esixencia e excelencia que o sanitario. Con todo, Feijóo cre que urxe facer melloras, por mor de novas doenzas ou realidades sociais, e que esas melloras sexan compatibles coa sustentabilidade do propio sistema de saúde. E para conseguilo pide que os profesionais e todas as administracións senten a elaborar un informe sobre as necesidades da sanidade pública.

"A mellora do sistema sanitario público esixe un reformulación do seu financiamento. Espero que o novo Goberno tome este asunto en serio", afirmou.

Na súa intervención no Congreso Nacional de Hospitais, Feijóo lembrou que as comunidades dedican máis do 40% dos seus presupostos á sanidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019