CRTVG

Buscar

Feijóo pedirá "maior coordinación" ante os brotes na Conferencia de Presidentes

Publicado o 24/07/2020 20:10

Alberto Núñez Feijóo pedirá unha maior coordinación entre as comunidades fronte aos brotes na Conferencia de Presidentes que convocou Pedro Sánchez o próximo venres na Rioxa. Fontes da Xunta confirman que o presidente en funcións estará nese encontro, o primeiro presencial dende a pandemia, e que insistirá na súa demanda de fixar un resposta común ante os brotes que se están dando en toda España. Feijóo tamén porá sobre a mesa a súa queixa polos criterios que fixou o Goberno para repartir os 16.000 millóns entre as comunidades.
 

Noticias web

24/07/2020