CRTVG

Buscar

Feijóo, Page e Moreno defenden a resposta das comunidades á pandemia

Publicado o 03/10/2020 14:35


O Estado das autonomías funciona, segundo os tres presidentes, aínda que cren que se pode perfeccionar. Entre as melloras, o de Andalucía sitúa o fucionamento do Senado. "Hai que reformalo ou pechalo", afirmoi Juan Manuel Moreno Bonilla.

Coinciden tamén en que falta serenidade para debater reformas do modelo de Estado. "A falta de igualde e de cohesión tradúcese en populismos e estremismos territoriais", sentenciou o presidente de Castela-A Mancha.


E defenderon que as comunidades responderon mellor á pandemia que o Goberno central e que hai máis entendemento entre os presidentes autonómicos que no Congreso dos deputados. "Funcionan mellor as comunidades que o Goberno actualmente? Sen dúbida", dixo Alberto Núñez Feijóo.

 

Noticias web

03/10/2020