CRTVG

Buscar

Feijóo: "Ourense está mellor que hai once anos"

Publicado o 03/03/2020 14:50

Nun almorzo con asociacións económicas, sociais e culturais de Ourense, ao que asistiu o alcalde da cidade, Alberto Núñez Feijóo fixo balance dos seus 11 anos na Xunta. Defendeu as medidas que puxeron en marcha para crear emprego.

"Non lles oculto a miña preocupación pola deriva fiscal e laboral que estamos observando nas políticas estatais, pero hoxe hai 45.000 parados menos que cando chegamos ao Goberno", dixo o presidente da Xunta.

O presidente dos populares galegos dixo que a falta de chan impediulles facer máis proxectos en Ourense, pero destacou a importancia dos executados, como a ampliación do hospital ou a pista de atletismo homologada.

"A min o que me interesa é ter a terceira cidade de Galicia solvente e creo que hoxe Ourense está mellor que hai 11 anos. O obxectivo que tiñamos era poder dicir un día coma hoxe que, a pesar das dificultades, as competencias da Xunta na cidade foron útiles", asegurou o candiato popular.

Feijóo comprometeu o seu apoio para outros proxectos anunciados para a cidade, como o centro de FP innovador, que será de referencia para toda Galicia.

 

Noticias web

03/03/2020